Comedor

Este servizo ofrécese tanto aos alumnos/as de Educación Infantil como de Educación Primaria.

O horario do comedor será dende as 13:00 ata as 14:50.

O alumnado usuario de Educación Infantil empegará o mandilón da clase que deberá lavar todos os días.

Dispoñemos de todo tipo de dietas, (celiaquía, hiper e hipo calóricas, etc)

Cada mes terán os diferentes menús dispoñibles na nosa páxina web.

O alumnado do centro poderá facer uso deste servizo tanto de forma continuada como en días puntuais, neste último caso é necesario avisar a primeira hora da mañá.

Ao igual que o almorzo estará sempre supervisado por profesorado do centro.