Dende o curso 2022-2023 o noso centro adquiriu tres pizarras interactivas para espazos comúns e este curso 2023-2024 dispón de 8 paneis máis, polo que contamos con elas en todas as etapas educativas.

A inversión foi realizada por medio da concesión de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais. Ditas subvencións son financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) da Unión europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Next Generation EU financiado pola Unión Europea, aos que agradecemos o seu apoio.