Como supoñemos que é de todos coñecido, ao longo deste ano 2017 o colexio cumple 50 anos de funcionamento dentro da rede de centros escolares autorizados de Galicia. Unha longa andaina chea de acontecementos diferentes, experiencias diversas, e máis ca nada chea de persoas.   Alumnos e alumnas que pasaron polas nosas aulas e seguiron as súas traxectorias vitais e desde diferentes lugares nos miran ou nos recordan con cariño.  O noso recordo inesquecible ás  súas familias, aos amigos, os veciños, enfín… un bo montón de xente,  que nos foi acompañando no camiño ata chegar a 2017 e atopar, por exemplo aos máis recentes: as familias do alumnado de 3 anos.

Cómpre dicir que todos eses anos o desexo de unificar e mellorar o centro latexaba  con forza. E xusto este ano do 50 Aniversario logrouse este tan ansiado obxectivo. Un enorme esforzo e un gran paso.

As novas instalacións están  xa listas para seren presentadas ás familias. Na primeira reunión coa tutora, ela mesma lles fará unha visita  completa do novo colexio onde agardamos sigan atopando agarimo e alimento intelectual e humano moitas outra xeracións de nenos e nenos.

Grazas a todos por vivilo con nós.