O noso proxecto educativo

Quen somos

Somos unha comunidade educativa, un grupo de mestras comprometidas e ilusionadas coa tarefa de educar.

O noso centro leva máis de 50 anos ofrecendo un ensino de calidade e e unha educación centrada na atención personalizada ao alumnado.

Qué pretendemos

Queremos construir comunidade, fomentar compañeirismo, respecto , diálogo e participación.

O noso obxectivo máis importante é lograr que o alumnado desenvolva ao máximo todas as súas potencialidades de xeito que cheguen a ser persoas autónomas maduras e competentes preparadas para vivir e crear unha sociedade libre, igualitaria e solidaria, na procura da felicidade.

Con que medios

A través do traballo rigoroso e sistemático

Comunicación diaria entre as familias e o colexio

Atención personalizada

Formación permanente do profesorado.