FONDO LIBRO 2025

No DOG nº 92 do 15 de maio de 2025 publícase a Orde do 28 de abril  de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 20 de xuño de 2025 ( este incluído )

DOG DO 15 DE MAIO DE 2025-

Poden descargar a convocatoria do DOG pinchando no enlace:

AXUDAS NEAE

O Ministerio de Educación e Formación Profesional no BOE do 25 de abril de 2025, públicase a orde pola que se convocan as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2025/2026.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 23 de abril de 2025  e remata o 11 de septembro de 2025, ambos inclusive.

Poden descargar a convocatoria do BOE pinchando no enlace:

AXUDAS COMEDOR

O BOP do 22 de maio de 2023 publícase a convocatoria de axudas económica destinadas a familias con menores a cargo usuario dos comedores escolares de centros públicos ou concertados non xestionados pola Xunta de Galicia no curso escolar 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles (20) a contar desde o da seguinte á publicación do anuncio no Boletín oficial da Provincia.

Poden descargar a convocatoria do BOE pinchando no enlace: