MODIFICACIÓNS AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

VERSION 04-11-2020

RESUMO

2A. Comunicacións obrigatorias de sintomatoloxía ou de confirmación

2A.1. Ante a aparición de sintomatoloxía compatible coa Covid (polo menos unha das relacionadas no anexo I) no persoal non docente e profesorado, non acudirán ao centro educativo e inmediatamente darán coñecemento ao equipo Covid. Como criterio xeral, manterase en illamento preventivo domiciliario, poñéndose en contacto co seu centro de saúdeou de ser o caso cos facultativos da mutua. Serán estes facultativos os que valorarán a sintomatoloxía e prescribirán a realización dun test diagnóstico ou proba PCR en 24 horas, se así o consideran manténdose o illamento ata coñecer o resultado da proba.

2A.2. No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará co centro de saúde de referencia do alumno/a dentro das seguintes 24 horas e con algunha das persoas membros do equipo Covid á maiorbrevidade posible. Para a xustificación da ausencia, non será necesaria ningún xustificantemédico, abondará co comprobante dos/as pais/nais ou titores/as legais. As ausencias derivadas desta causa terán a consideración de xustificadas aos efectos do protocolo de prevención de absentismo escolar.

2A.3. Ante a detección de síntomas compatibles con infección por SARSCoV– 2 nun alumno/a, durante a estancia no centro ou á chegada ao mesmo, contactarase coa súa familia ou persoade referencia que deberá presentarse no centro á maior brevidade. Unha persoa da familia solicitará consulta telefónica co seu pediatra ou o seu facultativo que valorará a consulta presencial e a solicitude dunha proba diagnóstica. Habilitarase, dende o inicio do curso, un espazo específico de uso individual no centro para illar a aquelas persoas nas que se detecten síntomas mentres non se xestiona o seu traslado. Este espazo contará con ventilación adecuada, xel hidroalcohólico, papeleira de pedal e panos desbotables.

Se algunha persoa do núcleo familiar convive cunha persoa cun diagnóstico positivo da COVID-19, o alumnado ou o persoal do centro que convivan coa persoa positiva non poderánacudir ao centro, en virtude de ser considerados contactos estreitos.

Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa COVID (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interacciónssociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo.

2A.4. Dende a Consellería de Educación habilítase unha canle informática, denominada “EduCovid”, específica para a comunicación dos datos básicos dos contactos próximos dos casos confirmados. A información será accesible para o persoal sanitario que determine a autoridade sanitaria e utilizarase para que a Central de Seguimento de Contactos alerte da existencia de casos positivos confirmados no centro.

A canle informática subministrará de xeito seguro e con respecto á normativa de protección de datos os seguintes fluxos de información:

  • Para comezar a identificación de contactos estreitos relacionados co centro educativo o antes posible, recomendase que o caso confirmado ou a persoa de referencia notifique o resultado positivo ao centro.

Deste xeito, o Equipo Covid poderá comezar a recompilar a información necesaria para a identificación dos contactos estreitos.

  • Sempre que ao Equipo Covid se lle notifique que existe unha perso cun diagnostico confirmado de COVID-19 no centro de ensino, deberá pórse en contacto coa Central de seguimento de contactos (CSC) para identificar os contactos estreitos do ámbito educativo. Poderá facelo a través do número de teléfono específico para educación, habilitado de 9 a 22h todos os días da semana: 981 21 90 16.
  • Como ocorre con calquera outro caso confirmado de COVID, a CSC porase en contacto cocaso confirmado ou coa persoa de referencia, para facilitarlle as indicacións de illamento,realizar a enquisa epidemiolóxica e identificar os contactos estreitos do ámbito persoal docaso. Durante esta enquisa epidemiolóxica identificase ao caso confirmado comoestudante ou traballador dun centro de ensino. Deste xeito, unha vez localizado o centro,a CSC envía unha notificación ao Equipo Covid, a través da aplicación EduCOVIDsolicitando os contactos estreitos do caso que se produciran no ámbito educativo.
  • Neste momento, se previamente non se fixo, o Equipo Covid deberá pórse en contactocoa CSC a través do número de teléfono 98121 90 16.
  •  Sempre será a CSC a que cargará a petición de contactos en EduCOVID, para o queidentificará ao caso coa correspondente IdOrixe. Se a CSC atopa dificultades paralocalizar ao caso no centro concreto, facilitaralle a IdOrixe ao Equipo Covid e pediralleque realice a súa carga en EduCOVID. En ningún caso se notificarán contactosestreitos por medios diferentes a EduCOVID.
  • O persoal da CSC axudará ao Equipo Covid a identificar e elaborar a listaxe de contactos estreitos do caso. Estes contactos estreitos poderán seleccionarse da “Rede decontactos” proposta por EduCOVID na que se inclúen compañeiros de clase, decomedor, de transporte, profesorado e outros (coma os recreos, etc…). Para estadeterminación terase en conta o previsto no Anexo I BIS.
  • Existe a posibilidade de que algún contacto estreito do caso non se atope dentro destarede de contactos, polo que o Equipo Covid deberao incorporar de forma manual. Unhavez definida a listaxe de contactos estreitos que precisan corentena, e tras ser acordadaco persoal asignado da CSC, o Equipo Covid enviará a listaxe de contactos estreitos áCSC a través da aplicación EduCOVID. No caso de que, conxuntamente coa CSC,non se identifiquen contactos estreitos no centro, premerase igualmente o botón“Notificar a Sanidade” sen seleccionar a ningunha persoa. Deste xeito, o estado doexpediente pasará de “Petición de contactos” a “Contactos comunicados”, coacorrespondente traza temporal.
  • No descrito previamente asúmese que, se é o Equipo Covid quen lle notifica á CSC que nocentro existe unha persoa cun diagnostico confirmado de COVID–19, a CSC podeverificar esta información. Pode ocorrer que á CSC aínda non dispoña da informaciónnecesaria para facelo, polo que nesta circunstancia procederase do xeito seguinte:
    1. Unha vez recibida a notificación, á CSC axudará a buscar indicios que verifiquen que setrata dun caso confirmado de COVID. Se hai información abondo, ou non é posible desbotar ainformación como resultado dun erro, o Equipo Covid cargará o caso en EduCOVID coIdOrixe 0000. Isto indicará que o caso aínda non está verificado.
    2. Despois, procédese a identificar aos posibles contactos estreitos coma en calquera outrocaso confirmado e gárdanse, pero non se notifican. Deste xeito, á CSC non lle chegará a listaxe de contactos estreitos e será a persoa directora do centro quen adiante esta información aos posibles contactos estreitos (a eles e só a eles). A dirección informará ás persoasafectadas que, conxuntamente coa CSC, determinouse que moi probablemente son contactos estreitos dun caso confirmado de COVID-19, polo que deben quedarse na casa en corentena.
    3. Entre tanto, o resultado positivo chegará á CSC e haberá unha

IdOrixe válida. Nese momento, a CSC chamará ao centro e facilitaralle esta IdOrixe, para queo Equipo Covid modifique o Id 0000 polo IdOrixe real. Unha vez feito isto, o centro educativo notificará a listaxe de contactos estreitos a través da aplicación e procederase de formahabitual, onde a CSC chamará aos contactos estreitos para enquisalos e iniciar o seguimento.

En todo este proceso, esixirase extremar a confidencialidade profesional acerca dainformación da persoa diagnosticada da COVID

  • O rastrexo doutros eventuais contactos doutros ámbitos, incluídos os das actividades extraescolares non vinculadas ao centro, terán que ser recollidos pola autoridadesanitaria.
  • Tras a aparición dun caso confirmado da Covid–19 seguíranse, en todo momento, asinstrucións da Autoridade Sanitaria. A CSC encargarase da vixilancia evolutiva daspersoas identificadas como contactos.
    A base de lexitimación legal para o intercambio de datos ten como fundamento o interesexeral na protección da saúde, polo que os datos do alumnado subministrados conconsentimento dos representantes dos menores que obra nas bases de datos daConsellería de Educación poderán ser subministrados á autoridade sanitaria encumprimento do deber de colaboración.
  • O equipo Covid de cada centro ten a obriga de segredo profesional sobre os datos sobreos que teña coñecemento por mor da aplicación do presente protocolo.

2A.5. Para os efectos do protocolo para a prevención e control do absentismo escolar e do número máximo de faltas de asistencia permitidas,as ausencias comunicadas derivadas da aplicación das anteriores medidas consideraranse semprexustificadas, non sendo preciso o xustificante do facultativo para a súa acreditación.

3. Medidas xerais de protección individual

  • Para o alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Infantil, restrinxirase o uso do xelhidroalcóholico e priorizarase o uso de agua e xabón ou outros tipos de soluciónsxabonosas.
  • Para o alumnado de Educación Primaria extremarase o coidado coa utilización do xelhidroalcohólico, administrando unha cantidade de xel adecuada ao tamaño da mande cada neno/a, informando aos nenos e nenas de que debe ser absorbido antesrealizar outras tarefas. Nos grupos de idade ata os 7 anos, deberase prestar especialatención por parte dos coidadores á aplicación do xel por parte do alumnado.

8. Escenarios no suposto dos gromos

As persoas que teñan diagnóstico confirmado terán obriga de illamento durante 10 días. Aspersoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnósticoconfirmado deberán entrar en corentena, estando illados nos seus domicilios esuspenderán, mentres dure esta, a asistencia ao centro por un período de 10 días, esempre de acordo coas indicacións das autoridades sanitarias. O restante alumnado daaula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistenciapresencial á aula. Aos contactos estreitos realizaráselles unha proba de Covid nun prazonon superior a 48 horas para identificar ás persoas que teñan unha posible infección porCovid–19.

8.3. A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a aplicación do Plan deContinxencia ante peches aprobado pola Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020,da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesionalpola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos nocontexto da Covid–19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos daComunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020–2021, que desenvolve as medidasprevistas no presente protocolo relativas ao ensino a distancia. Os centros deberánincorporar a sistemática prevista no plan de continxencia, naquelas cuestións que son da súaresponsabilidade, ao seu propio Plan de Continxencia, previsto no Anexo VI.

MEDIDAS DE CARÁCTER ORGANIZATIVO

10. Organización e documentos do centro

10.5. O centro elaborará un “Plan de Continxencia”, que será aprobado pola dirección docentro, de conformidade coas previsións do modelo que figura no Anexo VI. Nelestableceranse as medidas en caso de suspensión da actividade lectiva, as medidas parafacer efectivo o ensino a distancia de acordo coa Resolución conxunta, do 2 de novembro de2020, da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación e FormaciónProfesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centroseducativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos confondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020–2021, e os supostosde reactivación da actividade lectiva presencial, de conformidade coas instrucións daautoridade sanitaria.

Medidas específicas para o alumnado de educación infantil

  • Recoméndase o inicio da xornada con accións nas que se traballe a lembranza de normasde hixiene e a concienciación do alumnado coa pandemia, actividades que se realizaránpresentadas como algo lúdico. Debe terse en consideración que o uso do xel hidroalcohólicoen idades temperás pode supor o risco de que metan inmediatamente os dedos na boca poloque no caso dos dispensadores non deben de ser accesibles sen supervisión. Por iso, para oalumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Infantil, restrinxirase o uso do xel hidroalcóholico epriorizarase o uso de agua e xabón ou outros tipos de solucións xabonosas.

30. Normas específicas relativas a metodoloxías na aula e programacións

30.4 Na Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, da Secretaría

Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que seaproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto daCovid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos daComunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020–2021 e na Resolución da SecretaríaXeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboraciónde horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma deGalicia para o curso 2020–2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodosde peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID–19, determínanseas medidas e procedementos específicos no caso de situacións que activen o Plan de EnsinoVirtual ante a Covid–19 para garantir a continuidade do proceso educativo.