Historia

02cole

O centro conta cunha antigüidade aproximada de 50 anos.

Os seus comezos remóntanse á chegada a Culleredo dun matrimonio procedente de Valencia que foi quen o fundou co nome de «El Puente Pasaje».

Así comezou a súa longa andadura ata o verán de 1987 no que deixaron a titularidade que pasou a un grupo de mestras, traballadoras do centro que a manteñen ata o día de hoxe, foi nese momento cando cambiou a súa denominación pola actual «A Ponte Pasaxe».

Hoxe en día seguimos a traballar coa mesma ilusión que naqueles momentos, contando cun elevado número de alumnos/as, que en moitos casos veñen sendo fillos/as e mesmo netos/as daquel alumnado da primeira etapa do centro.