Viaxe a Allariz e Ourense

viaxe_allariz

  • A viaxe do Segundo Ciclo a Allariz e Ourense foi preciosa e, por fortuna, somentes choveu un chisco o último día, así que non nos mollamos apenas. Visitamos Sta. Mariña de Augas Santas, Allariz, co Museo do Coiro, o Muiño do Burato, o Museo do Xoguete, a vila coas murallas medievais. O ecoespazo do Rexo dentro da Reserva da Biosfera etc. Tamén fomos a Ourense e fixemos a visita á cidade: Catedral, cidade antiga, Burgas, e sobre todo fomos ás termas de Outariz e puxémonos a remollo durante dúas horas, despois xogamos e comemos ata que voltamos a Ourense no tren panorámico que nos fixo un fermosísimo percorrido pola beira do río Miño, a través da Ponte Vella e de volta a Allariz. Alí comemos, durmimos e fixemos actuacións varias na pixama-party. As titoras teñen as fotos desa viaxe, enseguida estarán a disposición de tódalas familias que as poderán cargar nun pendrive para disfrutar todos. Grazas e ata outra.